Cucu Tras
Quen se agocha detráis de cada carta? Cucú, cucu! Xogamos?
Seguro que xogastedes ao cucu algunha vez, pois esta vez con cartas. O obxectivo do xogo é ser o máis rápido en atopar as diferencias.
COMO SE XOGA?
Repártense as cartas según o número de xogadores e poñense nun montón diante do xogador. No centro da mesa colócanse 5 cartas.
Comeza o xogador máis novo, mentras os outros tapan os ollos. Éste dará a volta a unha das cartas do centro.
¡Cucu tras! , abrimos os ollos e buscamos a carta que cambiou, pero non é tan sinxelo como semella moitas cartas son casi similares. Debemos fixarnos moito. Se alguén acerta poderá desfacerse dunha das súas cartas.
O que antes consiga quedarse sen cartas gaña a partida.
CONTIDO:
- 32 cartas
- Instrucións.
Gústanos porque é un xogo pensado para os nenos e nenas observadores, ou para traballar con eles a atención e observación. Pon a proba os nosos reflexos.
Mercurio Distribuciones é unha empresa que naceu no 2005 co fin de distribuir ocio para toda a familia. Desde 2013 dedícanse a distribuir un amplio catálogo de xogos de mesa educativos.
Recomendado para máis de 4 anos.
De 2 a 6 xogadores.