Xogos de mesa El Rebaño de Mercurio
El Rebaño-Mercurio
El Rebaño-Mercurio
  • Prezo rebaixado
El Rebaño-Mercurio
El Rebaño-Mercurio

El Rebaño

Últimas unidades en stock !
€9,07 €12,95 -30%
IVA incluido

Sabedes como se sente unha ovella?. Teredes que demostrar que a que vale ¡bala!

Un xogo de cartas con partidas rápidas no que teremos que xogar de pé. As ovellas son inquedas, asústanse con facilidade cando vén o lobo pero o pastor e o can están con elas. Quizáis teñen fame. Teredes que estar moi atentos e atentas ás vosas cartas para ir descartándoas correctamente xa que o primeiro que quede sen cartas gaña. 

COMO SE XOGA?

Os xogadores e xogadoras colócanse arredor dunha mesa de pé. Cada un ou cada unha recibe unha carta de prenda que é a que determina a cor. O resto mestúranse , e repártense entre os xogadores ou xogadoras, haberá que poñelas cara abaixo, que ninguén as vexa. 

No seu turno un xogador ou xogadora xoga unha carta ao centro da mesa, se ésta é de distinta cor que a súa prenda tocaralle o turno ao xogador ou xogadora que teña a prenda da cor da ovella. Se ademáis a ovella é da mesma cor da prenda do xogador todos e todas terán que tapar á vez o montón de cartas. O último ou última en poñer a mán levará as cartas e irán para debaixo do seu mazo. 

A continuación todos se moven unha posición á esquerda mentras balan, aquí a cor da súa prenda cambiará. Pero ollo que hai cartas que cambian a mecánica do xogo como a do lobo que nos fará ouvear.

O primeiro xogador ou jugadora que quede sen cartas gaña.

Como todos os xogos creados polo Maestro Manu, ten diferentes aplicacións na aula. En familia tamén poderemos adaptar o xogo de varios modos. 

CONTIDO:

- 40 cartas de ovella

- 6 cartas de can

- 5 cartas de prenda de lá (unha de cada ovella)

- 6 cartas de flores

- 3 cartas de lobo

- 2 cartas de noite

- Instrucións

Gústanos porque xogando estimulamos a memoria, a atención, a motricidade gruesa e a concentració

Mercurio Distribuciones é unha empresa que naceu no 2005 co fin de distribuir ocio para toda a familia. Desde 2013 dedícanse a distribuir un amplio catálogo de xogos de mesa educativos.

Recomendado para máis de 5 anos.

De 3 a 5 xogadores.

Idade recomendada
+ de 5 anos
Número de personas
3-5
Tempo de xogo
15 min
Autor/Autora
Mari Carmen Lara Aguilar, Manu Sánchez Montero
Ilustrador/Ilustradora
Miguel Ramos
1 Artigo

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.