Xogos de mesa Misión cumplida de Zacatrus
Misión cumplida-Zacatrus
Misión cumplida-Zacatrus
Misión cumplida-Zacatrus
Misión cumplida-Zacatrus
Misión cumplida-Zacatrus
Misión cumplida-Zacatrus

Misión cumplida

Sen Stock
€9,95
IVA incluido

Seremos capaces entre todos de cumplir as misións?

Un xogo cooperativo de cartas no que teremos que completar diferentes misións para poder gañar. Un divertido xogo no que iremos superando retos entre todos. De mecánica sinxela, rápido de explicar e de xogar. Non poderedes xogar só unha partida!.

COMO SE XOGA?

Según o número de xogadores eleximos o nivel que queremos cumprir e así sabemos o número de misións.

Barallamos os dous mazos, o das cartas numeradas e o de misións. Colocamos 4 misións boca arriba encima de mesa e as restantes nun mazo ao lado. Debaixo das cartas de misións colocamos 4 cartas de número, repartimos 4 a cada xogador ou xogadora.

Comeza a partida. Por turnos teremos que ir colocando carta encima do número, ésta pode coincidir en color ou en número ou ambas á vez, collemos carta do mazo de cartas numerada para ter sempre en mán 4 cartas. Así por exemplo se nos sae de misión "todas as cartas son laranxas" teremos que ir colocando ata conseguilo para poder superar a misión. Podemos dar pistas pero non de maneira directa, é dicir, podemos indicar que temos para colocar nunha carta en especifico ou que poderiamos cumprir unha misión, pero non podemos dicir por exemplo que temos un 7 laranxa. 

Se completamos as misións gañamos e se non podemos poñer carta ou quedamos sen cartas na pila perdimos. 

Como todos os cooperativos pode xogarse en modo solitario. 

CONTIDO: 

- 54 cartas de misión

- 56 cartas de número

Gústanos porque xogando desarrollamos o traballo en equipo, planificación, compresión lectora, razoamento lóxico, operacións matemáticas, recoñecemento de patróns, lecto-escritura, orientación espacial, memoria, atención e toma de decisións. 

Zacatrus crea i edita os seus propios xogos, distribue ademáis xogos de outras editoriais.

Recomendado para máis de 8 anos.

De 1 a 4 xogadores.

Idade recomendada
+ de 10 anos
Número de personas
1-4
Tempo de xogo
20 min
Autor/Autora
Ken Gruhl
Ilustrador/Ilustradora
Manu Palau

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.