Xogos de mesa Hanabi de Asmodee
Hanabi-Asmodee
Hanabi-Asmodee
Hanabi-Asmodee
Hanabi-Asmodee

Hanabi

Sen Stock
€12,99
IVA incluido

Un xogo cooperativo no que o obxetivo é crear un espectáculo pirotécnico.

Un xogo cooperativo único no que teremos que montar o mellor espectáculo pirotécnico entre todos. Pero non será fácil xa que xogaremos coas cartas ao revés, só os nosos compañeiros poderán velas, precisaremos colaborar entre todos para ver entre tanto fume que cartas precisamos. A pólvora, as mechas e os fogos mesturáronse, só escoitando as instrucións dos nosos compañeiros e compañeiras poderemos ordenarlas para que non sexa un fracaso o noso espectáculo.O obxetivo do xogo é que os fogos saian na orde correcta. 3, 2,1 comezamos. 

COMO SE XOGA?

Comeza a partida cada xogador con 4 o 5 cartas (segundo os xogadores ou xogadoras). Non poderemos miralas, las colocaremolas ol revés hacia fóra para que as vexan o resto de xogadores ou xogadoras. 

Disporemos de 8 fichas azuis e 3 vermellas que representan o número de pistas que poderemos dar e o número de fallos que poderemos ter.

En cada turno poderemos facer tres accións:

 1. Dar información a outro xogador das cartas que tén na mán, só se poden dicir números e cores. 

2. Descartarnos dunha carta e roubar outra.

3. Lanzar un fogo ao aire.

Cando se esgoten as cartas ou teñamos a última ficha vermella da baralla remata a partida. Contamos a puntuación para ver se ao público lle gustou o espectáculo.

CONTIDO:

- 1 caixa de lata

- 54 cartas.

- 11 marcadores.

- Instrucións.

Gústanos porque xogando desarrollamos a estratexia, concentración, atención, inguaxe e cooperación.

Editado por Cocktail Games y distribuido en España por Asmodee.

Recomendado para máis de 8 anos.

De 2 a 5 xogadores.

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.