Xogos de mesa La polilla tramposa de Devir Iberia
La polilla tramposa-Devir Iberia
La polilla tramposa-Devir Iberia
La polilla tramposa-Devir Iberia
La polilla tramposa-Devir Iberia

La polilla tramposa

Sen Stock
€14,00
IVA incluido

Un xogo no que está permitido facer trampas.

Un xogo rápido e orixina de cartas no que as trampas están permitidas e terás que facelas  para poder gañar. Quén será o máis tramposo ou a máis tramposa?

COMO SE XOGA?

Barallamos as cartas e repartimos oito a cada xogador ou xogadora. Teremos que xogar as nosas cartas sempre colocando un número menor o maior ao que hai na pila. Se non podemos poñer ningunha roubaremos unha do mazo. Dependendo das cartas que xoguemos termos varias accións:

- Se tén unha araña: poderemos dar unha carta nosa a calquera rival.

- Se é un mosquito todos teremos que colocar a mán enriba, o útimo ou última en colocar a súa mán terá que roubar unha carta do mazo.

- Se xogamos unha cascuda calquera xogador ou xogadora poderá poñer unha carta enriba do mesmo valor. 

- Se é unha formiga todos terán que roubar carta do mazo excepto o que a xogou.

Pero ollo porque se tedes a avelaíña tramposa non poderedes xogala nin darlla a un rival, tan só poderemos desfacernos de ela con trampas. Teremos que ser hábiles e tirala ou escondela sen que ninguén nos vexa, pero sobre todo o xogador ou xogadora que o Chinche guardián. Xa que se nos descubre teremos que recuperar a avelaíña, e o chinche daranos unha das suas cartas ademáis de pasar a ser o Chinche guardián. 

CONTIDO:

- 72 cartas

- Instrucións

Gústanos porque estimula a atención, a concentración, rapidez visual, percepción espacial e visual. O seu formato compacto permite a calquera lugar.

Devir Iberia, é unha empresa internacional presente en moitos países. Editora de xogos de mesa, entre outras cousas, desde 1985.

Recomendado para máis de 7 anos.

De 3 a 5 xogadores.

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.