Xogos de mesa Cartas sardines de Djeco
Cartas sardines-Djeco
Cartas sardines-Djeco
Cartas sardines-Djeco
Cartas sardines-Djeco

Cartas sardines

Últimas unidades en stock !
€14,90
IVA incluido

Un divertido xogo de memoria e observación para toda a familia.

Un xogo de cartas rápido e divertido de observación e memoria para toda a familia. Só teredes uns segundos para observar ben as sardiñas que aparecen na carta e atopar as que son iguais.

COMO SE XOGA?

Poñemos as cartas grandes (as latas de sardiñas)  boca abaixo enriba da mesa e repartimos 5 cartas a cada xogador ou xogadora que as poñerá boca abaixo diante súa. O resto nun mazo.

Xiramos unha carta grande e observamos e memorizamos como van vestidas as sardiñas. Cando todos rematamos de observar a carta xiramola de novo boca abaixo. Miramos as nosas cartas e se creemos que algunha se repite coa carta grande apartamola. Unha vez todos rematen de seleccionar as súas cartas, comprobamos se acertamos. Por cada acerto gañamos a carta pero por cada fallo perdemos a carta e 2 puntos de puntuación.

E así as siguientes rondas, sempre con 5 cartas na mán. Cando se acaban as cartas, contamos os puntos e o que máis teña gaña a partida. 

CONTIDO:

- 50 cartas

- Instrucións. 

Gústanos porque xogando divertímonos. Xogando desarrollamos a atención, memoria, deducción, concentración, estratexia e o respeto de turnos. O seu pequeno formato e práctica caixa de almacenaxe permitenos levalo a cualquera sitio.

Djeco, unha marca francesa, que leva fabricando xoguetes desde o 1954. O seu deseño, calidade e variedade convertena nunha marca imprescindible. Os seus xoguetes de madeira, cartón ou tela se caracterizan pola súa calidade e o seu colorido. Os seus productos distribúense en máis de 60 países. Deseñado en Francia, fabricado en China.

Recomendado para máis de 5 anos.

De 2 a 4 xogadores.

1 Artigo

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.