Xogo simbólico Casa de Djeco
Casa-Djeco
Casa-Djeco
Casa-Djeco
Casa-Djeco
Casa-Djeco
Casa-Djeco

Casa

Sen Stock
€59,90
IVA incluido

Unha casa moi primaveral....

Os nenos e nenas tamén precisan o seu espazo, un recuncho “secreto” onde imaxinar as súas aventuras, no que xogar, compartir espazo con irmáns ou amigos, desfrutar do pracer da lectura ou simplemente soñar os seus mundos, Facer unha acampada no salón, no cuarto ou en calquera outra parte da casa será unha aventura divertida.

Unha espaciosa casa de tea transpirable con deseños primaverais, non lle falta detalle desde as macetas, o número da porta ou o gatiño da casa, unha explosión de cor e vivos deseños.

A porta abrése e péchase recollendo a tea, con dúas fiestras pequenas por un lado e unha grande polo outro farán as delicias das máis pequenas ou pequenos.

Gústanos porque o xogo simbólico estimula a imaxinación e a creatividade. Xogando desarrollamos as habilidades sociais e motrices.

Non se recomenda para uso exterior. Fabricada en poliéster.

Medidas:

105 cm (alto) x 73 cm (ancho) x 105 cm (largo)

Djeco, unha marca francesa, que leva fabricando xoguetes desde o 1954. O seu deseño, calidade e variedade convertena nunha marca imprescindible. Os seus xoguetes de madeira, cartón ou tela se caracterizan pola súa calidade e o seu colorido. Os seus productos distribúense en máis de 60 países. Deseñado en Francia, fabricado en China.

Recomendada para máis de 3 anos.

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.