Outlet Storytailors de Mercurio
Storytailors-Mercurio
Storytailors-Mercurio
Storytailors-Mercurio
  • Prezo rebaixado
Storytailors-Mercurio
Storytailors-Mercurio
Storytailors-Mercurio

Storytailors

Últimas unidades en stock !
€16,77 €23,95 -30%
IVA incluido

Un xogo para texer historias.

"Erase unha vez, Wllfred e Marie, uns nenos aos que lles encantaban as historias de aventuras. Un día xogando, atoparon un libro máxico. Con este libro, os nenos podían sumerxirse nas súas diferentes historias e facerse amigos rápidamente dos seus divertidos personaxes animais...". Este podería ser o principio ou poderían ser as personaxes das historias que poderedes inventar con este xogo. Tecendo historias, cambiando personaxes da mán da imaxinación e a creatividade. Queredes probar? 

COMO SE XOGA?

Colocamos o libro aberto no centro da mesa, ao lado montamos o taboleiro de puntuación. Eleximos un dos contos e collemos as 7 cartas que o forman. A continuación cada xogador ou xogadora collerá 6 fichas de voto e un ficha de xogador que colocaremos na primeira casa do taboleiro. Xunto ao taboleiro colocamos as cartas de personaxe e repartimos 5 a cada xogador. Collemos a primeira carta do montón de personaxe e colocamola no peto transparente do libro, éste será a primeira personaxe do conto. 

Os xogadores e xogadoras elixen un contacontos que será o encargado ou encargada de ler a historia. Comeza lendo a primeira carta da historia, pasa a páxina e introduce a segunda carta do conto no peto da dereita e lee en voz alta. 

Cada xogador ou xogadora elixe de entre as súas cartas a personaxe que cree que interpretaría mellor esa historia da carta e colocaa boca abaixo no centro da mesa. Unha vez que todos elixan, o contacontos collerá as cartas sen miralas, barallaas e colocaas nos marcadores do taboleiro. Ahora cada xogador ou xogadora vota entre todos as personaxes elexidas cal cree que é o máis idóneo, non pode votarse a sí mesmo. E así recibe puntos, si certou ou non. A personaxe máis votada colocase no peto da páxina do libro. 

Todos os xogadores e xogadoras contan e moven os seus puntos. Rouban unha nova carta de personaxe e comeza outra ronda. 

O xogo remata cando acaba o conto e gaña o xogador que teña máis puntos.  

O xogo tén máis variantes e modos de xogo adaptándose a diferentes idades. 

INCLÚE:

- Un libro con petos transparentes

- 38 cartas de conto (10 contos)

- 86 cartas de personaxe

- un taboleiro de votos

- 36 fichas de voto

- 6 fichas de xogador en seis cores

- Instrucións

Gústanos porque xogando estimulamos a creatividade, imaxinación, lectura, comprensión lectora, razonamento lóxico e atención. 

Mercurio Distribuciones é unha empresa nacida no 2005 co fin de distribuir ocio para toda a familia. Desde 2013 dedicanse a distribuir un amplo catálogo de xogos de mesa educativos.

Recomendado para máis de 6 anos. Inclúe un modo para peques de máis de 3 anos e un modo cooperativo para máis de 5 anos. 

De 2 a 6 xogadores.

Idade recomendada
+ de 5 anos
Número de personas
2-6
Tempo de xogo
20-30 min
Autor/Autora
Marie Fort, Wilfried Fort
Ilustrador/Ilustradora
Irina Pechenkina, Eugene Smolenceva
1 Artigo

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.