Karuba ed. aniversario
Unha fascinante aventura para cazadores de tesouros.
Benvidos/as de novo a Karuba! Comeza a expedición. Os equipos de exploración despexan roteiros sinuosos, buscan templos esquecidos e enfróntanse nunha carreira de xeito conxunto. A xungla é impredicible, o tempo é apremiante… e cada decisión conta! Quen consiga recuperar os tesouros máis valiosos gañará esta emocionante expedición de competición.
Tras unha longa viaxe os cazadores de tesouros chegaron á illa de Karuba, comezan a buscar tesouros. Quén guiará mellor ao seu grupo de aventureiros?. Na illa encargarédesvos dun equipo de expidición formado por catro aventureiros, meténdovos entre a espesa xungla buscando os templos. Pero para chegar primeiros aos templos teredes que darvos prisa, haberá moitos camiños pechados e teredes que buscar o correcto. Cando cheguedes poderedes recoller o tesouro que alberga o templo. Gaña quen consiga máis puntos.
Inclúe tres expansións.
COMO SE XOGA?
Cada particpante colle unha illa e un set composto de: 1 aventureiro de cada cor, 1 templo de cada cor, 36 fichas de xungla co mesmo reverso. Antes de comezar o xogo, decidide onde comeza a vosa aventura e onde se sitúan os templos.
Decidide quén de vós será o xefe de expedición, éste mesturará as súas 36 fichas xungla e as colocará boca abaixo diante da súa illa.
Cada participante xoga na súa propia illa e intenta adiantar ao resto de xogadores na caza dos preciados tesouros. Para eso, precisades indicar coas fichas un camiño polo que levar aos vosos aventureiros ata os templos da mesma cor. Polo camiño, os aventureiros poden reunir cristais e pepitas de ouro que contarán ao final do xogo.
En cada turno podedes:
- Colocar a ficha na illa.
- Rechazar a ficha e mover ao aventureiro.
O xogo remata cando o xefe de expedición destapa a súa última ficha xungla, ou bien cando un de vós chega cos seus 4 aventureiros a un templo.
CONTIDO:
- 4 illas
- 64 cristais
- 16 pepitas
- 16 tesouros
- 16 aventureiros
- 16 templos
- 144 fichas xungla
- Instrucións do xogo
Gústanos porque xogando desarrollamos a concentración, planificación, estratexia, percepción espacial e paciencia.
Haba é unha marca alemana xa consolidada no mercado, fabrican xoguetes de madeira e xogos de mesa. Destaca polo seu amplio catálogo en xoguetes educativos e xogos de mesa desde os 2 anos ata adolescentes. Comprometidos co medio ambiente utilizando madeiras, plásticos e cartón sostibles.
Recomendado para máis de 8 anos.
De 2 a 4 xogadores.