Xogos de mesa Hipatia de 2D10 Juegos
Hipatia-2D10 Juegos
Hipatia-2D10 Juegos
Hipatia-2D10 Juegos
Hipatia-2D10 Juegos

Hipatia

Últimas unidades en stock !
€15,00
IVA incluido

Seremos axudantes de Hipatia, ilustre filósofa e científica de Alexandría.

Un xogo de cartas de maiorías no que seremos axudantes de Hipatia, a ilustre filósofa e científica de Alexandría. Teremos que axudala e sobrevivir á ira de Cirilio. O xogador ou xogadora que máis a axude gañará a partida. Viaxamos a Exipto?

COMO SE XOGA?

Os xogadores ou xogadoras colocarán en cada turno unha carta dos catro paos dispoñibles, estes representan as diferentes actividades que a filósofa realizou ao longo da súa vida. 

Será no fin da partida cando o que obteña a maioría en solitario dun pao levará o marcador de puntos desa cor. 

Ás maiorías súmase a ira de Cirilio que penaliza por xogar cartas moi altas e os poderes dos paus que activan efectos (roubar cartas, entregar fichas de ira, etc)

O xogador ou xogadora que planee os seus turnos con estratexia conseguirá as maiorías e así a victoria. 

O xogo complétase con referencias históricas. 

CONTIDO:

- 55 cartas 

- marcadores de cartón

- Instrucións

Gústanos polo seu carácter divulgativo, a súa sinxeleza e diversión. Xogando desarrollamos a curiosidade e coñecementos de historia ou cultura, traballo en equipo, planificación i estrategia.

2D10 Juegos creación i edición de xogos de mesa. 

Recomendado para máis de 12 anos.

De 2 a 4 xogadores.

Idade recomendada
+ de 10 anos
Número de personas
2-4
Tempo de xogo
20 minutos
Autor/Autora
César Gómez Bernardino
Ilustrador/Ilustradora
Jordi Bayarri
1 Artigo

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.