XogoLab
imagealt

XOGOLAB

Moito máis que xogar

Que é XogoLab?

XogoLab é unha actividade extraescolar creativa e participativa onde o xogo se converte nunha ferramenta para aprender, experimentar e desenvolver habilidades fundamentais para a vida. A través de xogos de mesa, retos cooperativos, dinámicas de lóxica, estratexia e creación, o alumnado aprende a pensar, comunicarse, colaborar e resolver problemas dun xeito divertido e motivador.

Cada sesión combina diversión e aprendizaxe, fomentando a imaxinación, o pensamento crítico, a autonomía e as habilidades sociais nun ambiente inclusivo e estimulante. En XogoLab, xogar non é só entretemento: é unha maneira de descubrir, crear e medrar.

imagealt

¿qué facemos en xogolab?

imagealt
Xogos adaptados 

Xogos de mesa educativos e estratéxicos seleccionados para cada idade e nivel de desenvolvemento.

Pensamento e cooperación 

Sesións deseñadas para estimular o pensamento crítico, a colaboración e a resolución de retos.

Aprendizaxe significativa

Aprender xogando: coñecementos que quedan porque se viven e se comparten!

Beneficios cognitivos

Concentración e atención
Mellora a capacidade de manterse enfocado e atento durante as actividades.
Lóxica e pensamento crítico
Desenvolve o razoamento lóxico e a análise de situacións complexas.nes complejas.
Memoria e planificación
Potencia a memoria e a capacidade de planificar estratexias a curto e longo prazo.
Toma de decisións y creatividade
Fomenta a resolución de problemas e a capacidade de adaptación creativa.

Beneficios educativos

Pensar antes de actuar
Aprender a reflexionar e anticipar consecuencias antes de tomar decisións.
Crear estratexias propias
Desenvolver plans e tácticas persoais para superar retos e acadar obxectivos.
Xestionar a frustración
Aprender a manexar emocións e construír autonomía e confianza en si mesmos.

Habilidades sociais e emocionais

Traballo en equipo e comunicación 

Aprenden a colaborar, escoitar i expresarse con respecto polas normas do xogo.

Empatía e cooperación 

Desenvolven intelixencia emocional, comprendendo aos demáis e traballando xuntos.

imagealt

Diversión
sin pantallas

Alternativa creativa e social

Actividade activa e participativa, desconectada de móbiles e tablets.

Diversión real, conexión real

Ocio saudable e motivador que conecta ao alumnado entre sí.

metodoloxía

Aprendizaxe a través do xogo

Retos adaptados á idade con dinámicas equilibradas: cooperativas e competitivas.

Dinámicas
equilibradas

Combinamos xogos cooperativos e competitivos para aprender xuntos e superar retos.

Grupos
reducidos

Atención personalizada con selección de xogos segundo idade, obxectivos e habilidades.

organización

Frecuencia

Luns de 17:30 a 19:00 h

 De 5 a 8 anos

Mércores de 16:30 a 18:00h

De 9 a 12 anos

Duración

Sesións de 1 hora e media de xogo, diversión e aprendizaxe!

Lugar

Chafarís

Algalia de Arriba 16 Baixo

Santiago de Compostela

Incluído

Todo o material, xogos e dinamización profesional.

Prezo

Prezo mensual: 30€.

Condicións especiais para centros educativos

Por que escoller XogoLab?

Educación + Diversión + Crecemento

Combina aprendizaxe, xogo e desenvolvemento persoal nunha soa actividade. Os nenos aprenden sen darse conta!

Valor para todos!

Actividade innovadora que conecta co alumnado e aporta valor real ao centro educativo e ás familias. 

imagealt

Para reservar praza nas nosas extraescolares que se realizan na tenda:

Se eres un centro educativo i estás interesado escríbenos a:
info.chafaris@gmail.com

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.