Korbo 120
Xira e xira sen parar. Construímos, inventamos, investigamos?
Korbo 120 é unha combinación de 120 pezas con cores luminosos e moitas posibilidades creativas. Baseadas na roda dentada con novos elementos como as rodas grandes, hélices, ancoraxes ou enlaces. Moitos elementos diversos que permiten crear estructuras moi interesantes e móviles desde un robot ata unha polea. Un xogo baseado na idea: pensa, constrúe e divírtete. A súa base é unha roda dentada e gracias a ela toda a construcción se pode mover.
Conten instrucións con exemplos e preguntas que invitan a investigar, como por exemplo Que roda xira máis rápido? Como funciona un cambio de velocidades?.
Construír e unha vez montada, poñémola en marcha e revisamos que todos os engrenaxes funcionen correctamente. O gran desafio é colocar todas as pezas e que a estructura xire.
CONTIDO:
- 44 engrenaxes
- 28 cilindros
- 20 eixos
- 6 manivelas
- 16 xuntas
- 6 plataformas
- caixa de plástico con tapa para almacenar
- Instrucións.
Gústanos porque estimula a curiosidade, o pensamento lógico, habilidades motrices, planificación e superación de problemas. É un xogo experimental para aprender regras básicas de física e mecánica.
Korbo produce en Polonia con alta tecnoloxía e unha gran calidade nos seus materiais desde fai máis de 27 anos.
Recomendado para máis de 4 anos.