Lekkid Imaginary fauna Jungle
¿Que figuras eres capaz de construir con este set?
Imaginary Fauna é un xogo de construción composto por 22 pezas, contextualizadas e descontextualizadas, de distintos materiais (madeira de haxa e acrílico); as pezas poden interconectarse mediante imáns para crear diferentes figuras e formas.
Trátase dun xogo aberto no que non hai unha única solución e todas as solucións son válidas, polo que o neno pode desenvolver diferentes habilidades de creatividade, experimentando, transformando e combinando materiais, e potenciando así a flexibilidade cognitiva.
Con este Set da Xungla podes construír leóns, crocodilos e peces… e agora, que outras figuras es capaz de construír coa axuda das de cores? Queres probar?
Gústanos porque é unha ferramenta non só creativa senón tamén para o desarrollo da motricidade fina, cooperación, percepción espacial e visual, concentración, atención, planificación lóxica i espacial e resolución de problemas.
Braintoys é unha compañía chilena que leva 5 anos adicándose á innovación no xoguete educativo.
Recomendado para máis de 3 anos.