Mochila
Divertidas mochilas de tea para levará escola, ao parque ou a onde queiras.
Mochilas realizadas a mán en Galicia con tea 100% algodón e interior forrado. As tiras están realizadas con cordón. Cuns coloridos e divertidos deseños de calidade. Os xoguetes, a merenda, a muda, todo aquelo que precisedes collerá nestas fermosas mochilas. Poden lavarse a máquina a un máximo de 30 º sen usar lixivia.
Elixe o modelo que máis che guste.
Medidas aproximadas ( poden variar lixeiramente xa que están feitas a mán)
- 34 de longo
- 29 de ancho
Gústannos por ser un produto local de calidade e deseño.
Edevello é unha iniciativa emprendedora de dúas nais costureiras que fabrican sos seus produtos a mán en Galicia. Deseñado e fabricado en Santiago de Compostela.
Recomendado para máis de 2 anos.