Categorías Toybox 3D Printer Starter Bundle de Toybox
Toybox 3D Printer Starter Bundle-Toybox
Toybox 3D Printer Starter Bundle-Toybox
Toybox 3D Printer Starter Bundle-Toybox
Toybox 3D Printer Starter Bundle-Toybox

Toybox 3D Printer Starter Bundle

Sen Stock
€369,95
IVA incluido

Imaxinas deseñar e crear os teus propios xoguetes?

A impresora 3D Toybox é pequena pero poderosa deseñada para facer xoguetes e obxectos pequenos e xeniais.

Deseñada para principiantes sen configuracións complicadas. Tan só terás que cargar o filamento PLA, presionar imprimir e observar como a túa creación cobra vida.  A súa aplicación Toybox, cunha gran biblioteca de creacións listas para imprimir, directamente desde a aplicación ou subindo os teus propios arquivos STL, OBJ ou gCODE.

É unha máquina segura, sinxela que potencia a creatividade, ideal para introducir a impresión 3D tanto na casa como na aula. 

A súa configuración simple, coa calibración sen ferramentas, non precisa axustes complicados. Só terás que conéctarla, seguir uns sinxelos pasos e estará lista para imprimir. Mesmo sen experiencia previa, se nunca tocaches unha impresora 3D antes. 

3D Toybox abre un mundo de creatividade coa súa enorme colección de deseños desde personaxes divertidos , obxectos funcionais e educativos ou a xoguetes mecánicos, elixe o que máis che guste. Ademais recibe actualizacións regulares, polo que sempre hai algo novo para probar.

Poderán experimentar con diferentes estilos e técnicas mentres aprenden algo novo. Perfecta para espertar a curiosidade nos campos STEM. É unha ferramenta para explorar!

COMO FUNCIONA? 

- Descarga a App de Toybox e conecta a Impresora

- Elixe ou crea un deseño

- Carga o Filamento

- Imprime o teu xoguete capa por capa

Aquí é onde ocorre a maxia! 

- Arrefriado e solidificación

- Retirar o a túa creación rematada

- Xoga, modifica e imprimir de novo

Características:

  • Plug & Play:lista para imprimir sen configuracións complicadas.

  • Volume de impresión : 75 × 80 × 90 mm, perfecto para xoguetes e figuras pequenas.

  • Resolución de capa: 0,165 mm, con excelente detalle para uso doméstico.

  • Velocidade de impresión: ata 75 mm/s.

  • Conectividade Wifi:compatible con iOS, Android e navegador web.

  • Pantalla táctil a cor para control directo.

  • Extrusor de 0,4 mm con sistema “Smooth-Flow” e cama flexible “Easy-Peel”.

  • Formatos compatibles: STL, OBJ, 3MF e G-code.

  • Filamento: utiliza PLA de 1,75 mm, material biodegradable, non tóxico e seguro.

  • Peso e tamaño compacto: aprox. 2,4 kg, ideal para calquera escritorio.

Gústanos porque xogando traballamos creatividade, planificación, afán de superación, pensamento Stem. 

Recomendado para máis de 5 anos.

16 produtos máis na mesma categoría:

Produto engadido a túa lista de desexos
Producto engadido para comparar

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.