Aínda que teñades xogos de mesa na casa tantos días dan para moito, así que se precisades variar ou simplemente vos entra a curiosidade de probar algún novo, como nos pasa a nós, deixámosvos varias opcións: xogos de mesa online (apps), xogos de mesa print and play (imprimibles) e libros-xogo. Algúns serán gratuitos e outros de pago, eso xa é elección vosa.

Moitas editoriais e apps están liberando xogos e colgando nas súas páxinas de maneira gratuita para que poidades desfrutar en familia de momentos de xogo. (seguro que salirán máis ante esta marea de solidariedade, iremos actualizando).

La espiral de la evolución humana, un xogo imprimible do Museo de Prèhistoria de Valéncia.

Devir Academy invitanos a repasar coñecementos este verán da mellor maneira posible, xogando. Aquí atoparedes recursos para traballar mates, ciencias e incluso inglés, todas as propostas por agora en torno a Catán. 

A editorial 2 Tomatoes Games ten algúns dos seus xogos en formato print and play. No enlace non vos dará opción de escoller, descargará todo xunto, pero logo vós podedes elexir cal vos interesa máis. A nós os que máis nos gustan son:

- Upstream: un xogo de colocación de losetas no que cada xogador controla un banco de salmóns que intenta remontar o río para deixar os seus ovos no seu lugar de nacemento. Para máis de 6 anos. (Tamén ten app gratuita, deixámovola abaixo en apps xogos de mesa).

- Escape Pods: A nave está explotando, terás que subir aos teus tripulantes pero ollo todos queren subir. Para más de 10 anos.

Tranjis Games:

Átomo Games propone actividades y material didáctico: 

No blog 3 macarrons atoparedes unha versión do coñecido xogo Set editado por Devir. Esta versión vai de bacterias, podedes descargar as cartas, as instruccións e modos de xogo tédelos no seu blog.

Na páxina Bebé a mordor poderedes descargar:

  1. Xogos para practicar as táboas de multiplicar. Porque xogando apréndese mellor. Podedes descargarlas aquí.

  2. Xogos roll and write, aqueles nos que teremos que lanzar un ou varios dados e en base ao resultado teremos que debuxar, escribir ou realizar calquera acción que se poida facer con tan só un lápiz e un papel.

  3. Xogos clásicos aos que poderedes xogar sin ter que imprimilos, collede lápiz e papel e a xogar.

  4. O clásico Afundir a flota tamén o podedes debuxar nun papel ou imprimir se sodes máis perezosos.

  5. O xogo de mesa do coronavirus inventado e deseñado por unha nena de 7 anos. 
  6. Rhino Hero Multiplica para repasar e aprender as tablas de multiplicar.

A asociación Aldea Juegos explicanos como facer un dobble de asmodee caseiro ou a nosa versión do xogo código secreto de devir.

Class Games nos ofrece su print and play Any Emotion, un didáctico juego de emociones. 

Salt & Paper Games :

  •  Expansiopolis en versión imprimible gratutita. Un xogo cooperativo no que teremos que planificar e construir a mellor cidade posible. Para máis de 8 anos.
  • Caravana al oesteun print and play de cartas no que teremos que construir a ciidade máis próspera.

Un xogo da oca moi especial para realizar actividades de Educación Física La Oca EF en casa. 

2D10 xogos ofrece:

  • en versión imprimible o seu xogo Berridos, un divertido xogo de axilidade visual, no que terás que ser o máis rápido en atopar coincidencias, identificar e reproducir o son dun animal. Recomendado para máis de 5 anos.
  • Mini Pocus, un xogo de cartas de cálculo mental para máis de 7 anos.

El Perruco ofrecenos ferramentas para falar sobre as nosas emocións cunha app gratis, un emocionómetro, un conto dixital, un perrucoco e máis actividades de 3 a 9 anos.

Juempatía lanza catro xogos de mesa listos para imprimir e xogar. 

Endemic Games sumase  nesta corentena á diversión en familia co seu xogo print  & play 7 Islas Endemic Games no que teremos que atopar o tesouro máis valioso de todos logo de saquear as 7 illas. (máis de 8 anos)

A editorial Days of Wonder liberou o seu xogo Corinth en versión para imprimir, un xogo no que nos convertiremos en comerciantes de Corintio. (+ de 8 anos)

Asmodee:

Na páxina Roll & Write tamén atoparedes propostas. 

Orientación andujar nos propón unha serrie de tarxetas para xogar ao clásico Tabú. 

Haba decidiu tambén axudarnos a pasar un bon rato en familia cunha versión imprimible dunha das súas novidades do pasado outono- inverno CON5. Un xogo rápido de composición e búsqueda de símbolos para máis de 7 anos. 

Sulker Studio na súa páxina comparte mini xogos, fichas para colorear e xogos de diferencias. 

Crecer creando que deseñan xogos matemáticos, ofrécennos na súa páxina diferentes retos de fracións, trionimos e aventuras matemáticas. 

Con papel e boligrafo hai moitos xogos que podemos desfrutar en familia algún deles podedes atopalos aquí. 

Cucafera Games comparte na súa páxina unha lámina para colorear e un labirinto para buscar ao seu dragón.

Na páxina de Kietoparado podedes atopar mini xogos imprimibles: dominó, tangram e máis sorpresas. 

Thinkfun retanos con pequenos xogos de lóxica imprimibles en inglés, a realizar as nosas propias cartas para Rush Hour, retos matemáticos con math Dice entre outros. Eso sí todo en inglés.

Mercurio distribuciones ofrece imprimbles demo dos seus xogos Cucu Trás, Bohnanza, Toma 6 e Saboteur.

Kibo Factory comparte retros creativos e descargables para colorear. 

Cacahuete Games:

  • Tetreats un roll & write no que teremos que buscar as mellores combinacións de comida e tetris.
  • O seu roll & write Los Mapas del reino para maiores de 10 anos. 

En Clave método Suzuki proponos un memory de compositores para peques a partir de 3 anos. 

Blue Orange ofrece na súa páxina francesa

Brote de juegos ofrece sete xogos en formato Print and Play pensados para familias con nenos e nenas máis de 8 anos. 

Apa Boardgames invitanos a probar o seu xogo Paradox university, só tedes que rexistrarvos. Para crear paradoxas na liña do tempo, colocar personaxes no seu tempo e relacionalos, para máis de 8 anos

Llama dice libera a su versión print and play de Waffle Hassleas túas receitas valen puntos, terás que superpoñer ben as cartas. + de 6 anos.

A web Infermera virtual (do Colexio Oficial de Enfermeras e Enfermeros de Barcelona) creou un xogo cooperativo Misión Gulnacno que unha familia quedou atrapada na súa nave a causa dun virus informático. Para máis de 6 anos.

A editorial alemana Hans-in-Gluck ofrece na súa páxina unha versión demo para probar Carcassonne, as instrucción están en inglés e alemán.

Devir ofrece material extra de Carcassonne, Catán, Karekare e Ratzia.

Escape Rooms e xogos de pistas: 

  • Un completo post con scape room para nenos e nenas no blog Juegos de mesa en cuarentena.
  • Escape rooom Edu Covid-19, para maiores de 12 anos un escape educativo no que a nosa misión é entregar unha vacina ao Ministerio de Sanidade con retos matemáticos e de lingua. 
  • Antivirus para máis de 10 anos. Un virus propágase a nivel mundial e teremos que atopar o antídoto perdido.
  • Escapa del cole, un scape room para maiores de 10 anos con adultos.
  • Misión Florida, un scape romm virtual de 4 a 10 anos debedes recoller diferentes obxetos para facer ao final unha manualidade con todos eles.
  • Todo una vida, para xogar en línea con enigmas por resolver e probas sinxelas para máis de 5 anos con axuda
  • Detectivity puxo tamén algúns dos seus xogos de pistas en modo gratuito. Piratas, animais, espacio con varias temáticas e desde os 3 aos 9 anos.

  • Un escape room educativo para primaria (10 anos aprox), un listado de probas para que invetedes unha historia que envolva o xogo. 
  • La granja de Mr. Fox unha búsqueda do tesouro descargable ambientada na granaxa que poderedes imprimir ou face con materiais que teñades na casa. 
  • En busca del tesoro, un xogo de pistas piratas para atopar os tesouros, para máis de 5/6 anos. 
  • El robo misterioso, un xogo de pistas para pequenos e pequenas detectives de 6 a 8 anos.
  • La tumba misteriosa, un xogo de pistas de 8 a 12 anos, ambientado no Antiguo Exipto. 

Aplicacións:

  • Upstream só dispoñible para Android (gratis)
  • The mind para IOS e Android (de pago 2.99 €)
  • Rummikub para IOS e para Android (gratis).
  • Catán para IOS e para Android. (é de pago 5.49 €).
  • Potion explosion para IOS (4.49€) e Android (3.49 €).
  • Fantasma blitz, só para IOS (gratis).
  • Tantrix para IOS e para Android (gratis).
  • Hanabi só para Android (gratis).
  • Smartgames, ofrecen 18 xogos para probar e divertirnos nesta corentena. 
  • Aventureros al tren: el primer viaje. Para IOS i en Android(0.99 €)

Xogos en línea:

  1. Na rede se atopa algunha páxina web onde se pode xogar online a algúns dos xogos máis coñecidos de forma gratuita. Unha das máis coñecidas é a Board Game Arena.

  2. Educandy unha plataforma para xogar online con sopas de letras, crucigramas, multiplicacións, química e máis en inglés para máis de 10 años. Poderán ademáis crear os seus xogos cos seus temas ou combinaciones preferidas.

  3. A editorial Átomo Games acaba de publicar na súa páxina unha revisión do clásico xogo da oca con pinceladas dos seus xogos. Un storytelling de Cincenta para xogar en liña e o seu xogo de cálculo mental Hungry Shark.

  4. Na páxina de Miniland poderedes descargar o xogo virtual Mindful Kids para nenos e nenas a partir de 2 anos para relaxarse de maneira lúdica e divertida.
  5. Para os amantes de Kuboro (as pistas de bólas) na súa páxina podedes montar o voso labirinto de canicas e facelo funcionar. 
  6. O instituto de Ciberseguridad invitanos a poñer a proba os nosos coñecemnetos sobre ciberseguridade no seu xogo online Cyberscouts para + de 6 anos.

As nosas propostas: Colle papel, lápiz, cartulinas, tarxetas e todo o que precises para inventar o voso propio xogo de mesa. Unha actividade na que traballaremos escritura, planificación, cooperación e creatividade. Se o facedes compartideo con nós por privado ou nas redes.

  • Story cubes caseiro: con 4 dados ou máis e pegatinas con diferentes debuxos podedes fabricar o voso propio xogo. So tedes que pegalas nos dados, tirar os dados e contar historias coas imaxes que saen. Podedes facelo por turnos, en modo cooperativo, escribindo cada unha frase reacionada coas imaxes. Botádelle imaxinación e ben seguro que vos sairán cousas moi divertidas.
  • Xogo de mímica: só precidades folios ou cartulinas, elaborades tarxetas e repartides unha cada xogador, pero que ninguén a vexa. No teu turno debes facer sinais ou sons para que o resto adiviñe o que máis tarxetas consiga gaña. Podedes varialo tamén según queirades.
  • Debuxando monstruos: só precisamos un dado ou dous como queirades, papeis e rotuladores. Por turnos iremos dicindo cada un o queira por exemplo ollos, boca, patas, nariz, etc un atributo en cada turno. Tiramos o dado e debuxamos tantos atributos como indique o dado. Por exemplo: dicimos ollos, sae un catro, entón debuxaremos catro ollos e así sucesivamente as veces que queiramos. Ao final teremos un monstro moi orixinal ao que poderemos poñer nome, describir as súas aficións, os seus medos, onde vive, e todo aquello que se vos ocurra.   

A xogar!