Samaín

Achégase a semana máis terrorífica do ano, aínda que este ano será diferente, ideas e argalladas que non falten para pasalo de medo.

imagealt
Pois poñede atención porque témosvos preparada unha semana terrorífica con moitas sorpresas. Concursos, sorteos, xogos e moito máis. Como por arte de maxia aparecerán aquí ao longo desta semana. Non perdades de vista ningunha, irémosvos avisando nas nosas redes sociais.

Ahh e non só iso, senón que tamén queremos que o noso grupo de facebook Tempo en familia se encha coa axuda de todos e todas de ideas creativas, experimentos, xogos ou todo aquilo que faigades para darlle un pouco de cor a este Samaín tan expecial. Só toedes que unirvos e comezar a compartir ou recoller ideas.

Reto terroríficamente creativo

De qué vai?

Fixemos uns dados con imaxes de Samaín para que descarguedes e inventedes con el unha historia terroríficamente creativa. Pode ser unha historia, un cómic, un debuxo, unha adiviña, o que queirades.

imagealt

Unha vez o teñades feito podedes enviarnolo por email a info.chafaris@gmail.com ou no noso whassapp.

Entre todos e todas os participantes faremos un sorteo dun pack terrorífico

Xogo de pistas

De qué vai?

Como este ano vai ser ben diferente Samaín, imos a xogar na casa e montar a nosa propia festa. ¿Que vos parece?

imagealt

Con todo o agarimo preparamos un xogo de pistas para que poidamos pasar un bo momento en familia. O tesouro xa vos incluides o que queirades. Por se vos da ideas, podemos poñer un xogo peuqeno de temática de medo, uns tattoos, unhas chuches, algunha araña polo medio e quen sabe que máis se nos ocurrirá. 

Ahh e se o facedes e nos queredes contar a vosa experiencia ou etiquetar en redes sociais, nós encantados.

Desfrutade familia !