Que xogo levas na mochila?

Como ben sabedes os que nos coñecedes somos una familia “xogona” e por iso na nosa mochila sempre levamos algún xogo. Non importa se imos de excursión, de viaxe, a casa dos avós, a casa de amigos... todos son un bo lugar para pasar un anaco divertido en familia.

E como non é o mesmo estar na casa con espazo para desplegar un taboleiro, cando estamos fóra optamos sempre por xogos rápidos, en lata ou en pequeno formato que ocupen moi pouco espacio e non pesen. En xeral soen ser xogos rápidos entre 10 e 20 minutos de durada e con reglas sinxelas.

Pero claro... hai tantos que, cómo escollo? Pois podemos comezar por descartar aquelas temáticas que non nos gusten tanto ou ao contrario se queremos reforzar algunha habilidade en concreto... Por exemplo aos nenos e nenas que son rápidos visualmente e moi observadores gustaránlles xogos como:

  • Oruga de colores, cucu tras, pick-a-oso, jungle speed, Dobble Kids, Swish

Oruga de colores Cucu Tras Pick-a-Oso Polar Jungle Speed Skawk  Swish

Se en xeral vos gustan os xogos máis estrategas, nos que non só dependa do azar podedes optar por:

  • Castillos del terror, Mascotas, Super Taki, Quizoo.

Castillos del Terror Mascotas Super Taki Quizoo 

Se os números son o voso punto forte ou se queredes practicalos...

  • Rally de operaciones, Hungry Shark, Reinas, 10 cerditos.

Rally de Operaciones Hungry Shark Reinas Durmientes Los 10 Cerditos

Para os que vos gustan as letras....

  • Palabrea, Letra a letra.

Palabrea Letra a Letra

E se buscades xogos de azar que vos faigan pasar un anaco divertido sen máis...

  • Piratatak, Misticat, Diamoniak.

Piratatak Misticat Diamoniak

E hai moitos máis pero para comezar esta primera selección, outro día máis.

Na nosa casa destacan especialmente Mascotas, Reinas, Diamoniak e Dobble. Pero para gustos xogos...

Todos eles os recomedaríamos porque nos collen na mochila por moi pequena que sexa, porque os podemos xogar na area, na herba, no chan, no tren, no avión, ou ata na consulta do pediatra. Xogando as esperas sempre pasan antes... e se aínda encima nos divertimos en familia... ou aprendemos novas habilidades ou conceptos... pois mellor que mellor....

Todos eles os tedes descritos na web, e de todos modos se tedes algunha dúbida xa sabedes que nos podedes escribir por redes, por email, por wassap, ou por onde vos sexa máis cómodo.

Para inaugurar o noso blog poñemos á vosa disposición un cupón de desconto do 10% tan só tedes que poñer PROMO10 no recadro de Código promocional no paso 4 de confirmación de pago.

Non deixedes nunca de xogar!

Cris.