Tanto tempo por diante que ademáis de tareas escolares e outras tarefas domésticas teremos tempo para facer unha morea de actividades xuntos ou propoñer actividades interesantes para pasar estes largos días que nos esperan. Por iso imos facervos un pequeño listado de actividades e pasatempos que a nós nos gusta facer na casa por se vos poden dar ideas:

Para os máis pequenos e pequenas de 0 a 3 anos 

  1. Desde Sapos princesas propoñen ideas para xogar. 

  2. Ideas de masas sensoriais, pinturas comestibles, pinturas lavables e moitas máis cousas de Entre nubes especiales. Preme aquí

Para más de 3 años: 

  1. Ler, parece obvio pero podemos facer que os nenos e nenas amen un pouco máis os libros facendo lecturas grupais, facendo sesións de contacontos, teatros de monicreques, teatros de sombras ou montar a nosa obra de teatro na casa co noso conto preferido.

  2. Xogar xuntos a xogos de mesa, podemos incluso inventar o noso propio xogo mesa.

  3. Facer quebracabezas

  4. Facer as vosas propias maquetas de cartón. 
  5. Concurso, festa, baul ou xogo dos disfraces.

  6. Cantar, bailar, facer un karaoke ou inventar a nosa propia canción ou baile.

  7. Facer un agasallo para o día de pai xa que nos imos poder comprarlo, seguro que lle gustará máis se o facemos nós. Con cariño e reciclaxe ben seguro vos sairán cousas fermosísimas.

  8. Pintar mandalas é moi relaxante tanto para peques como para adultos.

  9. Cociñar xuntos, experimentar novas receitas, preparar merendas saudables ou ricos doces.

  10. Xogar aos xogos de sempre, é unha boa oportunidade para ensinarlles os xogos da nosa infancia: bólas, trompos, figuras con fíos, saltar á goma ou á corda, xogos de palmas, comecocos de papel ou calquera xogo que fixeramos cos nosos avós e avoas.

  11. Montar unha acampada na casa, se hai unha cousa que aos nenos e nenas lles encanta é ir de acampada. Non podemos facelo fóra pero si dentro da casa, botádelle imaxinación, collede paus, vasoiras, mantas, teas e demáis e preparade a vosa tenda particular se o facedes de noite cunha lanterna aínda será mellor.

  12. Facer origami, se queredes podedes intentalo con @anaquinosdepapel
  13. Unha simple caixa ou caixas de cartón dan para moito. Imaxinar que poden ser, decoralas, pintalas e crear o que queiramos con elas.

  14. Búsqueda do tesouro: un mapa da casa, cousas agochadas, pistas e a xogar.

  15. Facer ioga en familia.

  16. Facer a nosa plastilina, slime ou masa de sal caseiro. Pinturas de dedo, pinturas de ducha e máis receitas creativas.
  17. Pintar camisetas vellas.

  18. Decorar pedras (seguro que algunha teredes pola casa) senon poden ser cunchas ou botóns entre outras cousas.

  19. Realizar obradoiros de arte na vosa propia casa ou xogar coa arte gracias as propostas que podedes descargar gratis na páxina da Galeria de arte contemporáneo Montboart desde un círculo cromático, aprender a debuxar árbores ou como transformar un clásico en pop art. Preme aquí.
  20. Manualidades creativas: pintar collages co que teñades, montar a vosa galería de arte na casa, xogar con plastilina ou facer a vosa propia,  recortar e pegar, facer pompóns, decorar caixas, facer títeres con calcetins vellos e outras ideas que atopardes nas redes:

La fabrica de los peques

Rejuega   su ebook

Pequeocio

Sapos y princesas

Handfie

El invernadero creativo

Charhadas

Oh manualidades

Papiroflexiamania

Guía infantil

Universidad para peques

Fundación Mafre

Experimentos na casa

Pola rede poderedes atopar infinidade de experimentos para realizar cos nenos e nenas estos días longos. Por aquí deixámosvos as páxinas que máis nos inpiran. Ben seguro que teredes algún libro de experimentos na vosa biblioteca familiar, é hora de buscalo e poñerse a facelos.

A nós gústannos moito os experimentos, na nosa casa soen gustar os experimentos libres, é dicir: recipentes de refugallo, pinturas, xabóns, cremas de afeitar, xel ou calquera outro líquido non perigoso e mesturar para observar as reaccións, pero tamén nos gusta facer os que temos en libros ou simplemente cousas que nos chaman a atención.

  1. Vermislab no seu blog nos explica como facer experimentos de ciencia na casa.

  2. Na páxina de buhoco podedes atopar como facer lava caseira, neve, choiva de cores e moitas máis cousas.

  3. 15 experimentos científicos para Primaria aquí.

  4. E un páxina que nos gusta moito onde podedes atopar tamén moitas ideas de experimentos é Ingekids

  5. Experciencia foi unha das primeiras páxinas que descubrimos cando a nosa nena era máis pequena e sempre atopamos algún que nos apeteza facer.

  6. Ben seguro que o coñeceredes pero por se acaso: The dad lab.

  7. Na páxina do CSIC encontraredes xogos, experimentos e materias didácticos. 

Ciencia na casa:

                        Estación Espacial Internacional

                                  Nasa

                               Stellarium (planetario)

                              National Geographic Kids

                             Libro GeoExplorer para primaria 

                            Canal de youtube: Kurzgesagt

                                    Kids.CSIC

Libros: 

  1.  Anna Llenas e o seu mostro de cores tamén nos ofrece recursos para estes días de confinamento, traballar as emocións nesta situación é moi recomnedable. Podedes descargalos nesta ligazón.  
  2. Palabras Aladas ofrece nesta corentena o seu libro en pdf Amar e unha proposta para facer na casa.
  3. Para os nenos científicas e nenas científicas A Colección científicos deixa libre para descargar a súa versión dixital do Cómic Mendeleiv y la tabla periódica.  
  4. Weebebooks unha páxina con diferentes libros só en formato dixital para público infantil e xuvenil. 
  5. Marcela la inventora de palabras, un libro para concienciar sobre a violencia contra a infancia con discapacidade.
  6. Audio contos para nenos e nenas curiosos na canle de Youtube de Principia Kids. 
  7. Un recopilatorio de libros para ler online dalgunhas das súas publicacións na editorial Pintar Pintar.al.
  8. Ídolos é unha serie de oito contos que recrean a vida de grandes estrelas da música en formato podcats.
  9. Ajedulandia, libro con actividades para aprender axedrez de modo sinxelo.
  10. Edelvives ofrécenos unha modalidade de pago para poder acceder á súa biblioteca en Ta-tum Family con lecturas ilimitadas. 

Revistas imprimibles e pasatempos: 

    • Principia kids unha revista de ciencia para nenos e nenas comparte gratuitamente contos, un libro de colorear con mulleres científicas, experimentos e moita máis cousas que irán subindo á web.

    • A editorial Gustavo Gili deixou na súa web varios pdf de traballos manuais para realizar estos días en familia.
    • A editorial Maeva ten na súa web un Club de actividades dos seus marabillosos libros.
    • Kiwi, é unha publicación independente deseñada para ser un complemento educativo e lúdico. Con sopas de letras, unir os puntos, diferencias, colorear, xogos de mates, e moitas máis cousas. Nesta ligazón irán cargando todos os documentos descargables para as familias. De 5 a 10 anos.

    • Loqueleo, en su apartado en familia encontraréis revistas con manualidades y actividades diferentes que podéis descargar. Para os amantes de Matilda de Roald Dahl as catro primeiras páxinas do seu caderno de actividades con propostas moi interesantes.
    • SM ofrecenos unha das súas revistas para divertirse lendo, Al abordaje, con retos , pasatempos e xogos relacionados coas coleccións de El barco de vapor.

    • Sapos y princesas ofrece cadernos de inglés, actividades, xeografía, arte, pasatempos. Só tedes que registrarvos e podedes descargarlos gratis.
    • Cadernos de actividades para os máis pequenos e pequenas da casa con pasatempos e debuxos para colorear de Entre nubes especiales.
    • A Editorial Falmboyant ofrecenos recortables i escenarios do mar, o bosque e a selva.
    • A editorial cuatro tuercas tamén nos deixa uns fermosos recortables de mariquitas. Podedes velos aquí
    • Un pequeno ebook descargable con actividades para diferentes idades na páxina Free Mind.
    • A editorial VVkids durante esta cuarentena tamén nos deixa descargar libremente actividades para os máis pequenos e pequenas da casa desde un labirinto, un mapa para colorear ou unha lámina de buscar obxetos. 
    • A editorial Combel tambén ofrece actividades relacionadas coa súa serie Agus & Monsters podedes atopalas aquí. 
    • Mamut Cómics chega ao rescate co seu divertido cómic Federico, tenis sobre hielo con actividades para pasar mellor esta corentena. Para máis de 3 anos. 
    • Cocobooks proponnos algunhas actividades creativas. 
    • La Editorial Astronave en su página comparte actividades y láminas de sus libros para colorear. 
    • Djeco comparte na súa páxina xogos de unir os puntos, pequenos xogos de lóxica, xogos de observación e máis recursos, todos imprimibles. 
    • Coq en Pàte comparte unha lámina de unir os puntos, de colorear e algunha sorpresa máis.
    • Usborne editorial  súmase con descargables para colorear, seguir labirintos e debuxar. 
    • Kits descargables con pasatempos na páxina de Kietoparado.
    • Wonder power na súa páxina imprimibles con actividades en torno á filosofía para público infantil.
    • A editorial Lúdilo invíanos a montar figuras recortables e pegatinas para imprimir dun dos seus xogos de mesa. 
    • A editorial Ekilikua ofrécenos láminas para colorear na súa páxina web para traballar valores como a ecoloxía, a cooperación, o respecto, entre outros. 

Actividades museos: 

- Os museos na casa propoñen numerosas actividades que nos achegan o arte estos días. Podedes descrubrias  neste enlace.

- O Museo Picasso de Málaga  propón actividades para realizar na casa: collage, máscaras, teatros de sombras, cadernos de arte e moitas máis propostas que poderedes descargar na súa web.

- O Museo do Louvre  achega a súa colección ao público infantil na súa páxina Petit Louvre (En francés) con audiocontos, xogos de pistas, láminas para colorear, obradoiros de arte, entre outras cousas.

Para colorear e montar:

  1. A ilustradora e bióloga Clara Cerviño ofrecenos dúas láminas de animais para colorear. Podedes descargalas aquí.
  2. Asombras ensinanos a facer unha fermosa casiña de papel a que lle podemos poñer luz. 
  3. A ilustradora Nuria Diaz  propón que montemos o noso  diorama de El gran Hotel de Wes Anderson, seis das súas creacións do libro Familiario para colorear e algunha sorpresa máis.
  4. A ilustradora Ester Gili ofrecenos tamén algunha das súas fermosas ilustracións para colorear. 
  5. Djeco comparte en su página algunas de sus hermosas mandalas y dibujos para colorear dirigidos a los más pequeños de la casa. 
  6. Fun Readers ofrece na súa páxina ilustracións para colorear e actividades de algunas publicacións. 
  7. Zaragoza Museos nos ofrece 3 mulleres artistas Frida Khalo, Tamara de Lempicka y Yayoi Kusama en recortables para decargar, recortar e xogar con elas.

Sobre todo xogar, xogar moito porque xogando todo se leva mellor!

Cando espertemos deste pesadelo pensaremos que todo foi un mal soño e volveremos a sentir o arrecendo das flores.

Axudanos a compartir!