Queredes saber cales foron os xogos máis vendidos na nosa tenda en febreiro?

Pois quédate que cho contamos.

9. Fast Factory

Un xogo de habilidade no que terás que ser o máis rápido na cadea de montaxe. Observa, pensa e ordena, pero coidado con saltar algún paso.

Unha xoia de xogo polo de agora non moi coñecido. Se vos gustan os retos, é para vós!

8. Trío

Un sinxelo e picón xogo que gustan a nenos e nenas, adolescentes, xoves e maiores. Destes xogos que se explican  en 5 minutos e se xogan en 15. Non hai excusa para probalo.

É un dos máis vendidos desde que chegou en 2024 e segue no Top, por algo será. 

7. Reverso

Este é un mini xogo destes que te podes levar nun bolso, mochila ou incluso no peto a calquera lugar.

Non te deixes engañar polo seu tamaño porque che  dará horas de entretemento. Se che vai poñer a proba o teu cebrebro con retos de lóxica é para ti!

6. The Lie

Da liña pocket de Devir sorprendeunos moito. Tan sinxelo de xogar como difícil de gañar. Farache falta estratexia e planificación para poder gañar.

Ahh non olvides que as cartas da túa man non se poden reorganizar, pensa ben como as colocas ao principio.

5. Escuela de Monstruos

Se coñeces a colección de libros non fai falta que cho presentemos e se non a coñeces e tes nenos ou nenas aprendendo a ler non o podes perder. Un sinxelo xogo que invita a xogar coa lectura, un binomio lectura-xogo. Xogamos coas letras, ou lemos mentras xogarmos. Asociar o libro ao xogo nos parece unha parte fundamental para facer ese proceso aínda máis divertido. 

4. Virus

Que dicir de Virus. Non precisa presentación. É o xogo español máis vendido, un auténtico fenómeno xogón. É un xogo ideal para introducir a nenos e nenas ou adultos neste mundo dos xogos de mesa.

Se eres dos que te picas facilmente, aquí tes salseo.

3. Polilla Tramposa

E se che decimos que neste xogo está permitido facer trampas, é máis, terás que facelas ben para poder gañar. Divertido para todos os públicos, menos se as trampas non son o teu que che tocará sempre ser o chinche gardián.

Outro xogo que cando non esta esgotado véndese só. 

2. Pelusas Revolution

Ayy estas pelusas!!!! Coláronse en tantas casas que tiveron que multiplicarse e ser máis fastidiosas aínda. Esta nova edición é aínda máis divertida. Eso si se aínda non xogache a Pelusas, recomendámosche comezar a xogar por ese.

O seu brilli brilli fainas máis irresistibles aínda. 

1. Hitster en Español

Hitster desde que chegou foi unha revolución. E vos teño que confesar que o melómano da casa (Kiko) cando o vimos o ano pasado en Interocio non o quixo traer para a tenda, ata que o convencín. E sabedes que? Non hai fin de semana nesta casa que non caiga polo menos unha partida.

Esta última versión esta pisando forte. 

Ata aquí o resume dos máis vendidos en febreiro! Vémonos no seguinte!