Que facemos estos días?

Cando a nosa vida diaria se para a nosa cabeza bloquease. Cando a rutina falla, en ocasións o pánico se apodera de nós.

Serán moitas horas e días nas que a nosa casa se convierte nun refuxio do que non poderemos saír. Con teletraballo, nenos ou nenas, precisaremos respirar profundo, conciliar, inventar e intentar ver o lado positivo. Rutinas, actividades de escola (que polo menos a nós nos envían na aula virtual do cole), tareas domésticas e xogar e xogar porque xogando todo se leva mellor.

Como vos dixemos intentamos recopilar actividades, xogos, experimentos científicos, visitas virtuais a museos, apps educativas, recursos psicolóxicos e moitas máis cousas para que entre todos poidamos sobrelevar esta extraordinaria situación da mellor maneira posible. Non temos que estar todo o día conectados ás redes nin as pantallas pero imos ter tempo para todo, son un bo complemento se empregan adecuadamente. Imos facelo por bloques para que poidades consultar o que vos interesa. Pinchando no enlace xa vos levará directamente. (Iremos actualizando a medida que saian cousas).

recursos todoiraben

As nosas recomendacións con ideas para sobrelevar mellor estos días:

  • Xogos de mesa imprimibles (Print & play ) ou apps de xogos de mesa: no universo online existen moitas páxinas con xogos de mesa imprimibles ou en formato apps pero nos aquí recopilamos os que coñecemos e os que máis nos gustan. Algúns son gratuitos en outros de pago, eso xa o deixamos á vosa elección. Preme aquí para velos.

  • Recursos en galego: aquí atoparedes recursos dixitais para visitar, para xogar, para imprimir ou para coller ideas de actividades. Preme aquí para velos.

  • Propostas, actividades, traballos manuais e experimentos científicos para facer na casa con cousas que teñamos. Aquí atoparedes páxinas que a nós nos gustan moito e nos serven de inspiración. Non hai mellor maneira de aprender. Preme aquí para velos.

  • Visitas virtuais, imos estar moitos días na casa e podemos aproveitar para visitar museos desde o noso sofá. Quizáis así soñaremos co día que esto remate e poidamos facer esa viaxe. Preme aquí para velos

Esperamos que vos sirvan para pasar estos días máis entretidos. Podedes enviarnos suxerencias e ou outras páxinas que vos coñezades.

Ánimo e forza para todos. Non deixedes nunca de xogar!

#euquedonacasa