Eres argalleiro ou argalleira?

Nós sí somos argalleiro e argalleira. Que entendemos nós por argalleiro ou argalleira?:

  • Persoa moi creativa que xoga libre e crea, inventa, investiga e explora novos modos de xogar.
  • Persoa que busca solucións, reflexiona e é capaz de traballar en equipo para atopar unha resposta a un enigma, proba ou desafío.

E vos preguntaredes que ten esto que ver cos xoguetes e cos xogos. Pois en realidade moitísimo:

  • xa que a través de xogo viaxamos a un mundo no que podemos inventar, explorar e crear aquilo que a nosa imaxinación proxecte. (xogos de construción, xogos creativos e xogos simbólicos)
  • Xogando a xogos de mesa aprendemos a resolver problemas, enigmas, probas ou desafíos, a traballar en equipo para conseguir un obxetivo común, a respetar turnos, a reflexionar, a planear e planificar entre outras moitas cousas.
  • Debuxando, pintado, realizando manualidades e todo tipo de actividades creativas potenciamos a creatividade artística, a imaxinación e a percepción visual ou espacial.
  • Poñendo a proba o noso inxenio con xogos de lóxica que nos retan con desafíos lóxicos nos que teremos que armarnos de paciencia e pensar, probar ou razoar as posibles solucións.
  • Ecoloxía, física, ciencias naturais e sociais, matemáticas, bioloxía ou moitas outras materias se aprenden tamén xogando.

Con todo isto favorecemos a nosa capacidade maker, a nosa capacidade de inventar e crear.

E para que o poidades probar e comprobar imos estar na Maker Faire Galicia, si sí collemos unha morea de xogos, xoguetes e algunha sorpresiña máis e nos instalamos alí o sábado 6 xullo e o domingo 7 de xullo de 10:00 a 20.00 h na Cidade da Cultura. (ese sábado 6 de xullo a nosa tenda estará pechada). E senón sodes argalleiros nunca é tarde para comezar!

Deixámosvos o programa e a localización para que non vos perdades nada. Hai tantas propostas que será dificil escoller.

Así que xa sabedes traede amigos, primos e demáis e a desfrutar.

Unha ludoteca para todos, non deixedes nunca de xogar!!!