Nesta sección ides atopar recursos en rede en galego (iremos actualización a medida que surxan ou atopemos máis) desde contos en youtube, unha nova plataforma de contidos en galego, editoriais que farán actividades e moitas máis cousas para estes longos días. As redes están ofrecendo infinidade de recursos para que a corentena se faiga máis levadeira na casa, e nós queremos axudarvos a atopalas. Todo na súa medida é bo.

Como vos deciamos surxiron e están surxindo moitas actividades e propostas estes días, algúns recursos xa estaban na rede de fai tempo pero é un bo momento tamén para coñecelos.

Recursos dixitais:

Na páxina do concello de santiago de Compostela atoparedes as distintas actividades de ocio baixo o hastag #Compostelaquedanacasa

  1. Acaba de crearse nestes días un portal educativo creado por mestres e mestras sen ánimo de lucro para axudar ás familias, a nenos e nenas e ao profesorado. Nel podedes atopar desde contos, actividades para todos os cursos de primaria, xogos de mulleres científicas e moitos máis recursos. Botádelle un ollo porque merece a pena.

  2. En pequeixe invitánnos a coñecer máis sobre o mar: curiosidades, datos técnicos, vocabulario e moito máis. De 3 a 15 anos. 
  3. Os interactivos de QOQ, os seus libros e novas tecnoloxías axudan a traballar a lectoescritura, o entrenimento e a creatividade.

  4. Un percorrido polas lendas e contos galegos en Galicia encantada. 
  5. Diferentes propostas educativas na AS-PG.
  6. O Festival Atlántica que non puido celebrarse estes días tamén irá colgando vídeos na súa canle de youtube.

  7. No portal da lingua galega podes atopar tamén recursos en galego de vocabulario e diferentes propostas.

  8. Na páxina de A Mesa pola Normalización Lingüistica tedes o abecedario para colorear.

  9. Na páxina de Apego atoparedes recursos: arrolos, descargas, e moito máis para os máis pequenos e pequenas da casa de 0 a 3 anos.

  10. No portal de Alí tedes recursos para educación infantil.

  11. Na páxina de Afundación atoparedes diferentes recursos desde receitas, visitas virtuais, proxectos e moitas máis cousas. 
  12. Mulleres en Galicia, imprimibles con actividades para coñecer máis sobre Maruja Mallo e Mª Victoria Moreno, concepción Arenal, entre outras.
  13. Adega invitanos a recibir actividades para coidar o medio ambiente.
  14. Caderno verde de Sogama para Educación cun futuro sostible.
  15. A Editorial Galaxia na súa páxina comparte Unidades de Traballo de Pakolas, ebbook como  A Casa do Terror, un libro coloreable de Bravas de A gramola Gominola entre outras cousas. Na súa páxina de facebook Falamos de libros comparte tamñen ilustracións para colorear de creadores galegos. 

Manualidades:

  1. Un blog que nos gusta moito en galego é InnovArte Educación Infantil con moreas de actividades artísticas, científicas, de emocións, e moito máis.

  2. No blog de Bricamos no cole comparten manualidades e outros recursos interesantes.

Se botades de menos o teatro, non é o mesmo pero de maneira virtual podedes ver: 

Libros e contos: 

  1. Na canle de Kalandraka atoparedes contos contados. 
  2. Un pequeno conto para colorear e poñer en valor quedar na casa estes días. Podedes descargalo aquí 
  3. Baía Edicións invitanos a quedar na casa e se precisamos libros para ler nestes días poden descargarse algúns dos seus títulos aquí.
  4. Xerais ofrece en versión dixital para esta corentena catro títulos para leer en Issu, para 6, 8,9 anos e xuvenil. E un contiño de Ramón D. Veiga #euquedonacasa que podedes leer tamén en Issu.
  5. Afundación convidanos a seguir unha alimentación sá durante o confinamento cun libro de actividades, consellos e receitas para nenos e nenas de 6 a 8 anos "Pepa e Rufo na cociña"

Xogos en galego na rede: 

  1. Na páxina da Xunta tedes mini xogos en galego.

  2.  O conto viaxeiro proponnos un dado para contar historias e un trivial viaxeiro galego, os dous para imprimir ou facer na vosa casa. 
  3. Na páxina Faino ti mesma tedes tamén 4 xogos e galego para xogar en liña.

  4. No Portal das palabras poderemos aprender máis sobre a nosa lingua.

  5. Xogo de Escape: A casa lectora. Un misterio por sesolver en liña.
  6. Atopando en Compostela, un xogo en rede para coñecer da nosa toponimia. 
  7. O Concello de Ames organiza un torneo de xadrez online para a rapazada. Podedes inscrivirvos aquí.
  8. O misterio da casa de Ricardo Carvhalo Calero, un escape room para xogar coas letras galegas. 

Arte en galego:

Xogar no Castro caldelas, aínda que está en castelán, coñecer o noso patrimonio con escape room Misterio en castro Caldelas.

Recursos psicoloxía:

Se coñecedes ou descubrides algún máis deixádenos un comentario, escribidenos para que poidamos compartir entre todos e facer que ésta estadía obrigada na casa pase mellor e saquemos algo de proveito dela.  

Xogade en galego!