Fai xa tres anos, tal día coma hoxe, abrimos as portas deste Chafarís de xoguetes e xogos. Acolléstesnos como non nos esperabamos e día a día seguimos recibindo a vosa confianza. Todo este percorrido, cheo de momentos moi felices e outros non tanto (para que enganar, os pequenos comercios témolo duro...) non sería posible sen vós. Por iso non nos cansamos xamais de dicirvos Grazas!.

Logo de 3 anos coa tenda aberta, fai uns meses puxemos rumbo ao mundo virtual seguindo as mesmas premisas, un pequeno comercio próximo. Logo de que as nosas caixas viaxeiras para as escolas viaxaran por diversos puntos da nosa xeografía enchendo as aulas de xogos, aprendizaxe e diversión... seguimos rumbo coa mesma ilusión coa que comezamos, sempre abertos as vosas propostas, observacións e consellos.

Querémolo celebrar con vós... Así que para que nos axudedes a soprar as candeas da tarta de hoxe invitámosvos a xogar e participar neste sorteo especial, como xa sabedes somos moi xogones e as veces un pouco argalleiros.

Imos aló.... Xogamos?

Argallamos uns pasatempos que teredes que descifrar se os premios queredes gañar. Tan sinxelo como darlle un pouco á cabeza atopar as solucións e deixarnos un comentario coas respostas. (para deixar o voso comentario tan só vos tedes que rexistrar na nosa páxina, só vos levará dous minutos).

Nesta sopa de letras algo atoparás, se te queres inspirar da unha volta pola nosa sección de xogos de mesa.

Atopa as diferencias e no sorteo entrarás

Neste anagrama algo fresquiño atoparás,

Cantas historias poderedes inventar, un anaquiño nos teredes que contar se para a casa o queredes levar

Adiviña

Non é area pero semella,

non se seca pero pódese mollar,

en anacos se separa

e por arte de maxia vólvese a xuntar.

Que é?.

Xa sabedes exprimide a cabeza e deixade os vos comentarios coas respostas, o sorteo estará activo ata o día 4 de xuño ás 00:00 h. O día 5 de xuño publicaremos nas redes os gañadores e gañadoras.

Grazas por tanto e non deixedes nunca de xogar!