Recordas que o facías de pequeno ou de pequena? Nunca tiveches unha?, pois nunca é tarde para facelo por primeira vez e máis se é desfrutando dun momento máxico cos nosos nenos ou nenas.

En primavera ou no verán chega o tempo de xogar no exterior, de desfrutar da natureza, de correr, de saltar, de experimentar, en familia ou entre amigos. Se hai un xoguete versátil que se adapta a todas esas premisas son os papaventos. Para empregalo precisamos sair ao campo, á praia, ao parque, en definitiva estar en contacto coa natureza. Eso que tanto nos gusta cando asoma un raio de luz, polo menos aquí en Compostela. Eso sí precisaremos un pouco de vento, que aquí é estrano que nos falte, e alguén con quen compartir o momento máxico no que o papaventos alcanza o voo e se nos ilumina o rostro cun reto conseguido.

Que nos aporta voar un papaventos?

  1. Actividade física e coordinación, xa que teremos que correr, saltar, elevar os brazos e desarrollar unha boa coordinación motora. Algo que non vai nada mal nestes tempos actuais nos que as pantallas acaparan gran parte da vida dos nenos e nenas.
  2. Cooperación, teremos que colaborar para conseguir un obxetivo común: que o papaventos voe. Esto implica traballo en equipo, esforzo e colaboración.
  3. Contacto coa natureza, para facelo voar teremos que estar nen lugar aberto con vento. É por tanto un bon complemento para un día de parque, de praia ou de campo.
  4. Paciencia e perseverancia: fomenta beneficios sociais e afectivos xa que os pais nos involucramos para logralo e transmitimos aos nenos e nenas: afecto, confianza, autoestima e motivación.

Aprender a voar un papaventos é un xogo que vai máis allá do puramente lúdico. Precisaremos dosis de paciencia, tolerancia á frustración, motivación e persistencia. Non é sinxelo facelo voar, pero entre todos poderemos conseguilo. De paso corremos e queimamos calorías, aprendemos a valorar a natureza e respiramos aire puro.

Que máis se pode pedir?

E se vos decimos que ademáis aprenderán conceptos de física como gravidade, tensión, aerodinámica, velocidade, xa que o papaventos funciona gracias á forza e dirección do vento, no seu voo influen moitos factores.  

Para que idade están recomendados?

De todos os que atoparás na nosa tenda depende do tipo de papaventos:

- De peto: son simplemente como unha bolsa de plástico á que lle atamos un cordón, só que son máis vistosos. Éstes podénse empregar desde os 3 anos, xa que no conteñen variñas e son moi doados de voar. Só teremos que elevalo e a correr.

- Pequenos: poden aprender a voalos desde os 5 ou 6 anos con axuda claro está, pero cun pouco de habilidade poderán manexalos. Hainos con diferentes formas e debuxos, para todos os gustos.

        

- Grandes: son un poco máis difíciles de manexar polo seu tamaño e pola nosa experiencia os recomendamos a partir dos 7 anos para que consigan voalo. Cando alcanzan o voo son máis espectaculares.

       

Para todos os que teñades ganas de probar deixámosvos uns consellos, o resto xa depende de vós:

  1. Unha persoa debe soster o fío, a outra persona o papaventos. O papaventos debe estar hacia ti e hacia o vento.
  2. Desenrola entre 25- 20 m de corda. A persona que tén o papaventos debe distanciarse a mesma distancia de ti tensando o fío.
  3. Cando creas que o fío está ben tenso (sen pasarte para que non rompa) e que o vento está tirando del faille un sinal á persoa que suxeita o papaventos para que o solte.
  4. Se o lograches debes estar atento á dirección do vento e ir movéndote en función del.
  5. Se queres que o papaventos suba máis arriba só debes soltar máis fío, ten coidado e non o soltes todo xa que pode romper.
  6. Desfruta o momento
  7. Para que descenda vai recollendo o fío.

Por certo . Sabedes a orixe dos papaventos?

Cóntase que na Antiga China, arredor do 1200 a.c empregábanos como señalización militar e que incluso Benjamín Franklin usounos para investigar os raios e inventar o pararraios.

Curioso eh?

Correr, voar, un soño de verán!

Contádenos se sabedes voalos, se vos recorda á vosa nenez, ou se alguén especial vos ensinou.