- Inicio
- Preventas e reimpresións
- Xoguetes
- Xogos de mesa
- Por idades
- Novidades
- Outlet
- Servicios
- Ideas para comunións
- Blog
- Catálogo de Educación Infantil
- Contacto
- Coñécenos
5 fillers top ventas

En definitiva son xogos ideais como porta de entrada neste marabilloso mundo dos xogos de mesa, ideais para xogar en familia ou con amigos tanto xogóns como os que non o son.
Pero ¿en que se diferencian estes 5?
Pois básicamente nas súas mecánicas (hai moitos modos de definir as mecánicas, pero para entendernos son os sistemas, mecanismos e regras que definen o modo en que os xogadores interactúan co xogo). Un mesmo xogo pode conter varias, e facelo así diferente.
Trío é un xogo de memoria e colección de conxuntos. Tan fácil de explicar e de xogar que o entenden desde os peques de 7 anos ata o avó de 90. Só precisarás atopar 3 tríos para gañar a partida. ¿Soa sinxelo verdade? Precisarás agudeza visual e algo de deducción ademáis de memoria.
Pelusas Revolution. ¿Que vos contamos deste top ventas? Tanto con ou sen revolución. É un xogo cunha mecánica de tienta tu suerte no que ser avaricioso non sempre che axudará a gañar. Saber parar ou saber arriscar é a clave deste xogo, bueno e ter a sorte do teu lado tamén axuda. Tan sinxelo de explicar que non che levará máis de 5 minutos. Neste Pelusas Pevolution se añade máis interacción e máis pique. ¿a quen lle gusta que lle poñan un menos 7 ou un agasallo envenedado?.
E coa Polilla Tramposa a cousa vai de trampas, o que mellor disimule facendoas será o gañador. Se o teu non son as trampas tocarache ser chinche. Cunha mecánica de xestión de mán terás que saber xogar moi ben as túas cartas e desfacerte das polillas para gañar a partida. Se te pos colorado ou colorada non creemos que sexa para ti, a menos que queiras mellorar esa faceta túa.
Pode ser que che guste moito a súa arte ou non che guste nada, pero o mérito das fotografías non podemos quitarllo. Pixies é un xogo de relación de conxuntos e de conexións. Parece moi sinxelo pero o complicado e facer moitos puntos. Un xogo que no Festival de Córdoba do 2024 nos namorou aínda que non tiñamos moi claro que funcionara de todo na nosa tenda converteuse non só nun dos máis vendidos se non nun dos favoritos dos nenos e nenas das nosas extraescolares. Algo terá.
E xa para rematar un filler que non ten nada que co ver origami, só as fotografías das cartas. Océanos de papel é outro xogo con mecánicas de colección de conxuntos, xestión de mán e algo de tienta tu suerte tamén, no que a emoción está en rematar a ronda pillando aos teus oponentes desprevenidos.
E ata aquí esta selección de hoxe, con 5 xogos que tanto se estás neste mundillo como se non o estás deberías al menos probar.
Compartir é vivir, e comentar nos axuda a medrar!
Grazas por ler ata o final!!!
Comparte esta publicación
Comentarios (0)
Garda produtos na túa lista de desexos para mercalos máis tarde ou compárteos cos teus amigos.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e mostrarlle
publicidade relacionada coas súas preferencias mediante a análisise dos seus
hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta o seu uso.